HomesociedadePremio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

Concretamente foi recoñecido na categoría de 2º ciclo de Educación Secundaria Obligatoria na 11ª edición do Festival Internacional Escolar eMove polo traballo audiovisual titulado "5 años del Rincón de Leonardo". O documental fai un percorrido polos cinco primeiros anos de vida do do devandito proxecto, unha iniciativa humanista que busca fomentar a convivencia en positivo, a empatía, o respecto aos demais e os valores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental no Festival Internacional Escolar eMove polo seu traballo audiovisual titulado “5 años del Rincón de Leonardo”. Nel faise un percorrido deste proxecto humanista que impulsa o centro escolar monfortino dende o ano 2021 para fomentar os valores e previr o acoso escolar na experiencia escolar.

Dez alumnos e alumnas, ademais dos mestres coordinadores do proxecto, recolleron este sábado 7 de novembro en Madrid o premio concedido na categoría de 2º ciclo de ESO do festival.

O TRABALLO AUDIOVISUAL PREMIADO

A través dos testemuños de alumnos e exalumnos, o documental recolle experiencias privadas, recordos e reflexións sobre o que significou formar parte desta iniciativa e como influíu no seu xeito de relacionarse cos demais e de entender o seu papel na comunidade educativa. O traballo incorpora tamén fragmentos de diferentes producións audiovisuais realizadas polo alumnado nas que os propios mozos e mozas foron protagonistas e utilizaron a creatividade e a comunicación como ferramentas para transmitir valores.

A documental conta, ademais, coas achegas e valoracións de distintos profesionais vinculados o ámbito educativo, social e audiovisual, como Carmen Cabestany, presidenta da asociación NACE (Non ao Acoso Escolar); Paula Santos, educadora social, e Pau Cadórniga, realizador audiovisual e coach emocional. “As súas intervencións contribúen a contextualizar a importancia de iniciativas educativas que sitúan o benestar emocional, a prevención do acoso e o desenvolvemento privado no centro da experiencia escolar”, subliñan dende a Dirección do Colexio Escolapios de Monforte.

Gala de entrega de premios no Teatro Calderón de Madrid. Foto: Colexio Escolapios de Monforte.
DOCUMENTAL COMPLETO EN YOUTUBE
EL RINCÓN DE LEONARDO

El Rincón de Leonardo representa unha forma de entender a educación na que o alumnado non é só receptor de contidos. Trátase de ver ás alumnas e ós alumnos como persoas capaces de implicarse, crear, propoñer e actuar para mellorar a súa contorna; e tamén de crear un espazo aberto de participación, colaboración e aprendizaxe-servizo no que teñen cabida a cultura, o pensamento crítico, a creatividade e, especialmente, o compromiso cos demais.

Producións audiovisuais, videopódcast, encontros, actividades de sensibilización, colaboracións con outros centros e difusión de iniciativas culturais contribuíron a construír unha comunidade ao redor duns valores compartidos

Con cinco anos de traxectoria, esta iniciativa impulsou unha chea de actividades, dentro e fóra do colexio, implicando a estudantes de distintas etapas educativas mais tamén mantendo tamén o vínculo con antigos alumnos. Producións audiovisuais, videopódcast, encontros, actividades de sensibilización, colaboracións con outros centros e difusión de iniciativas culturais contribuíron a construír unha comunidade ao redor duns valores compartidos.

Alumnado do Colexio Escolapios de Monforte coa imaxe que representa ao seu proxecto humanista. Foto cedida polo Colexio Escolapios.

O recoñecemento do eMove Festival supón, por tanto, unha satisfacción para toda a comunidade educativa de Escolapios de Monforte e un impulso para continuar desenvolvendo unha iniciativa que naceu cunha convicción: “quizá non poidamos cambiar o mundo, pero si podemos cambiar o noso”. Cinco anos despois, El Rincón de Leonardo segue defendendo que a educación tamén consiste en aprender a mirar aos demais, recoñecer o seu valor e descubrir que cada persoa, desde a súa propia realidade, pode contribuír a construír un mundo un pouco mellor.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...