IniciosociedadeReferentes Galegas nas Aulas chega o día 11 a Monforte

Referentes Galegas nas Aulas chega o día 11 a Monforte

A Deputación retoma este luns, día 11 de outubro, en Monforte o programa Referentes Galegas nas Aulas. Será no IES A Pinguela a partir das 13.15.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo retomará o vindeiro luns o programa Referentes Galegas nas Aulas, unha iniciativa que promove conxuntamente coa Asociación de Executivas de Galicia. É unha actividade que naceu da identificación da falta de visibilidade de modelos femininos a seguir nos diferentes ámbitos profesionais e que consiste na celebración de encontros entre alumnos de ESO, FP e Bacharelato da provincia con mulleres referentes de Galicia.

Trátase dunha oportunidade para achegarlle ás novas xeracións diferentes testemuños de mulleres que son referentes, exemplos a seguir nos seus ámbitos profesionais. O programa de encontros retomarase o vindeiro luns, ás 13.15 horas, no IES A Pinguela de Monforte, ao que asistirá a directora técnica na área de servizos e aplicacións do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia–Gradiant-, Antía Fernández López, e a formadora e consultora en desenvolvemento do talento, Gloria Santamaría Martínez.

Hai programadas outras seis visitas antes de final de ano en centros de toda a provincia e en total serán 14 encontros aos que asistirán preto de 700 alumnos.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...