HomeComarca de ChantadaChantadaMorre a cadela maltratada en Chantada por un cazador, á que mallou...

Morre a cadela maltratada en Chantada por un cazador, á que mallou e disparou

Publicado o

- Advertisement -

A cadela maltratada en Chantada faleceu este mediodía, segundo confirmaron desde a dirección do Hospital Rof Codina de Lugo, onde estaba ingresada.

Desde o centro, explicaron que o seu estado era “moi grave” despois de que o animal, segundo o vídeo do que se fixeron eco distintas organizacións animalistas, recibise un disparo “que lle atravesou dúas extremidades” e que lle realizou, segundo recolle o vídeo, un cazador.

“Tiñámola en mantemento e presentaba lesións polo disparo que lle fracturou os dous úmeros“, explicaron desde o centro sobre o estado da cadela, da que dixeron que perdeu tamén “moito sangue”.

Tras o seu falecemento este mediodía, desde o hospital explicaron que se decidiu facerlle a autopsia ante as lesións que presentaba e de cara a un posible xuízo.

Sobre os cachorros que tivo a cadela –que, segundo o vídeo difundido, foi golpeada e arrastrada polo chan tamén– desde este hospital explicaron que están nunha clínica veterinaria en Chantada, onde, inicialmente, foi levada tamén a cadela.

Están alí á espera de que se autorice levalos a outro lugar. “Son cachorros de 15 días, non é fácil de manexar”, apuntaron desde o hospital veterinario.

DENUNCIA ANTE FISCALÍA

Mentres, a Consellería de Medio Ambiente confirmou que a Xunta remitiu á Fiscalía este caso. En concreto, explicaron que a denuncia non tivo entrada na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo “ata o día de hoxe, despois de solicitala á Garda Civil de Chantada”, precisaron.

Con posterioridade, procedeuse á remisión da denuncia á Fiscalía Provincial de Medio Ambiente en Lugo, “dado que os feitos poden ser constitutivos dun delito de malos tratos contra os animais domésticos previsto no artigo 337 do Código Penal”.

Tamén solicitou un informe ao Concello de Chantada e ao Hospital Rof Codina, “do que se dará traslado á Fiscalía en canto teña entrada na Xefatura Territorial”, apostilaron.

En relación a este caso, desde a ONG Mundo Vivo denunciaron que a Xunta de Galicia lles “nega” a custodia dos cachorros porque aseguran que se lles trasladou desde Medio Ambiente que se “farán cargo” desde a Administración autonómica, extremo que aínda este departamento non confirmou. Ademais, a ONG reclama saber onde irán os cachorros.

ÚLTIMAS

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...