HomePolíticaRegina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá deste luns o decreto de delegación de competencias en materia de muller e igualdade na Concelleira Regina López Arias, integrante do Equipo de Goberno desde 2019 como responsable da área de Consumo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais de Margarita López, que foi comunicada no pleno da corporación municipal celebrado o pasado luns, 23 de febreiro. Coa delegación das atribucións no ámbito de muller e igualdade, a Concelleira Regina López será responsable da delegación de Muller, Igualdade e Consumo do Concello de Monforte.

Deste xeito, Regina López encabezará os actos organizados polo Concello de Monforte con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, un programa que recolle un amplo abano de actividades dirixidas a concienciar a toda a poboación sobre a necesidade de avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.

A xornada central do programa será o propio domingo, 8 de marzo, coa concentración e lectura do manifesto á cargo da Concelleira Regina López, ás 13.00 horas, diante das Casitas. Neste acto presentarase a Instalación Expositiva “Mulleres con luz propia” que permanecerá pendurada nas farolas da marxe dereita da Rúa Cardeal, dende a esquina coa Avenida de Galicia ata o final do Paseo da Compañía. Así mesmo, repartirase entre o público asistente material de sensibilización serigrafiado coa imaxe representativa da exposición.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...