HomesociedadeCabanas ecolóxicas sobre as árbores, nova oferta turística en Sober

Cabanas ecolóxicas sobre as árbores, nova oferta turística en Sober

O proxecto ‘As Cabanas do Sil’ está promovido polo empresario local Rubén Vázquez, que acaba de empezar a traballar nesta iniciativa no lugar de Santa Marta, na parroquia de Barantes

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober incrementará a súa oferta turística coa apertura dun glamping, un aloxamento na natureza formado por cinco cabanas de madeira sobre as árbores, que abrirá as súas portas no 2021. O concepto de Glamping, tamén coñecido como cámping de luxo ou con glamour, implica unha escapada á natureza nun aloxamento único.

O proxecto, que levará por nome ‘As Cabanas do Sil’, está promovido polo empresario local Rubén Vázquez, que acaba de empezar a traballar nesta iniciativa no lugar de Santa Marta, na parroquia de Barantes.

Modelo de cabana en Outes

As cinco edificacións ecolóxicas serán construídas integramente en madeira e disporán de todas as comodidades; como cociña, jacuzzi e terraza. Tamén terán calefacción e aire acondicionado. A maiores, haberá un edificio dedicado á recepción e lavandería. Poderán hospedarse un máximo de 14 persoas ao día.

As cabanas estarán emprazadas nun bosque autóctono de carballos e castiñeiros centenarios moi próximo ao Canón do Sil. A súa construción farase respectando a paisaxe e a natureza e tratando de integrar as casas na contorna. A parcela sobre a que se asenta o proxecto conta con 12.000 metros cadrados de superficie.

O proxecto supón un orzamento de preto de 300.000 euros e posibilitará a creación de dous postos de traballo. O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor este tipo de iniciativas que “ademais de ofrecer un novo servizo turístico contribúen a crear postos de traballo no rural e a combater o despoboamento”.

Modelo de cabana en Outes

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...