HomesociedadeA arte da poda

A arte da poda

Enoturismo Galicia organiza, como todos os anos, as súas xornadas de poda, abertas a todas as idades.

Publicado o

- Advertisement -

O proceso de poda da vide é unha arte, unha actividade manual que crea como resultado, o froito da vide coas características desexadas pola adega. Primeiramente visitarase o viñedo, onde se explicarán as características de cada variedade. Seguirase coa explicación de poda (que cortar, número de xemas que hai que deixar…) os seus beneficios para a planta e comezarase a podar xunto co técnico ou responsable da adega.

Posteriormente visitarase a adega onde se informará sobre os procesos de vinificación e onde se procederá a catar os viños desta. Para finalizar realizarase unha degustación de produtos típicos galegos maridada cos mellores caldos da adega anfitrioa.

A actividade ten un prezo de 30 euros por persoa. Será necesario contar cun mínimo de 2 persoas e máximo 15 persoas por grupo. Para máis información e reservas contactar con Enoturismo GaliciaTlf: 676 101649  / info@enoturismogalicia.es

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...