HomesociedadeAmpliación da contorna da piscina municipal do Saviñao

Ampliación da contorna da piscina municipal do Saviñao

O concello vén de aquirir un solar no paseo da Devesa por 10.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto de ampliación levarase a cabo durante o ano en curso e a súa execución posibilitará que a superficie para o baño e a zona de toallas sexa maior

O Concello de O Saviñao ampliará a zona da piscina municipal. Será grazas ao terreo que vén de adquirir por valor de 10.000 euros, situado no Paseo da Devesa e que é contiguo ás propias piscinas.

Trátase dun solar de 346 metros cadrados que permitirá aumentar a superficie para o baño e a zona de toallas. Segundo anuncia o alcalde da localidade, Carlos Armesto, esta iniciativa “dará un valor engadido á actividade durante a época de verán e suporá unha nova alternativa para veraneantes e os propios veciños”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...