HomesociedadeAndaina para celebrar os 135 anos de Monforte como cidade

Andaina para celebrar os 135 anos de Monforte como cidade

No 1885 Afonso XII outórgalle a Monforte por decreto real, o título de "cidade".

Publicado o

- Advertisement -

A andaina celebrarase o domingo, 2 de febreiro, comezando ás 10:30h en San Vicente e será guiada por Rosa Ana Prieto Florines, guía oficial de Galicia, e polo arqueólogo monfortino, Iván Álvarez Merayo.

No 1885 Afonso XII outórgalle a Monforte por decreto real, o título de “cidade“, en agradecemento polos esforzos para a chegada do ferrocarril. Afonso XII inaugurara 2 anos antes, a liña férrea Monforte – A Coruña, o que fixo de Monforte o nó ferroviario de Galicia.

Monforte era a entrada do tren a Galicia e a conexión coa meseta, o que supuxo un dos principais piares de desenvolvemento socieconómico da cidade. Polo tanto a andaina rematará no barrio da Estación, onde os participantes brindarán por este 135 aniversario. “Sirva este brinde simbólico para reclamar maiores e mellores investimentos na rede ferroviaria e a reactivación comercial do barrio da Estación”, sinala Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG en Monforte.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...