HomesociedadeUnidade en Quiroga para desdobrar a N120 en Augas Mestas

Unidade en Quiroga para desdobrar a N120 en Augas Mestas

O Concello de Quiroga vén de aprobar unha solicitude asinada polos veciños das Covas e Parada para a construción dun desdobramento da N-120 á altura de Augas Mestas.

Publicado o

- Advertisement -

A solicitude que se remitirá á Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, titular da estrada N-120, pide a construción dun carril de desaceleración duns 15 ou 20 metros para que os usuarios desta estrada poidan xirar á dereita para entrar nestes núcleos sen  perigo.

Os veciños tamén poñen a disposición da dirección xeral de estradas un terreo para poder levar a cabo este pequeno desdobramento na marxe dereita da N-120 no km 499. O Concello  de Quiroga únese a esta petición presentada por estes veciños coa intención de incrementar a seguridade desta estrada.

Coa mesma intención de incrementar a seguridade o concello dirixiuse en reiteradas ocasións ao Ministerio de Fomento para que proceda ao arranxo dos camiños da súa titularidade que discorren paralelos á N-120. Un deles nas Medas e que da acceso á parte alta deste núcleo; e o outro na vila de Quiroga, o acceso dende a estrada nacional que une a rúa do Pereiro coa rúa Praia.

Reunión Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...