HomesociedadeA arte da poda

A arte da poda

Un ano máis, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, organiza a xornada “a arte da poda”. A cita terá o lugar o sábado, 15 de febreiro, a partir das 10.30 da mañá, en Adegas Amedo, en Tarrío-San Fiz, Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A estas alturas do ano os viticultores centran a actividade da viña na poda. Redúcese a parte vexetativa da vide co obxectivo de limitar o seu crecemento natural e mellorar o seu rendemento e calidade das uvas. É unha parte fundamental do traballo na viña que axuda a definir o viño.

A xornada “a arte da poda” ten un prezo de 20 euros e consistirá en visita ao viñedo co técnico da adega e explicación da poda e práctica no viñedo, para rematar con visita á adega, cata dos seus viños e comida. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse no correo rutavino@ribeirasacra.org ou chamando ao teléfono 698 167 991.

A actividade prolongarase ata as 16.30 horas e non inclúe transporte. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados. A proposta ábrese tamén á participación dos máis novos, de modo que os menores de 6 anos poden participar de balde e os nenos de entre 6 e 12 anos terán que abonar 10€.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...