HomesociedadeA Feira do Viño de Amandi celebrarase os días 18 e 19...

A Feira do Viño de Amandi celebrarase os días 18 e 19 de abril

O Concello de Sober e os 25 adegueiros inscritos deciden tras un acordo por unanimidade cambiar a XL Feira do Viño de Amandi para a fin de semana do 18 e o 19 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

O cambio de data baséase na coincidencia coas eleccións autonómicas, un feito que ocorre por vez primeira nos 40 anos de celebración da feira.

O resto de actividades previstas mantén o seu calendario. O Mes do Amandi e a presentación do cartel anunciador da Feira serán o día 21 de marzo, sábado, no miradoiro dos Chelos, en Amandi.

O prazo para a presentación de orixinais para o concurso de carteis remata o 15 deste mes de febreiro.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...