IniciosociedadeFísico da URV di que o pico de infectados superará os 20.000...

Físico da URV di que o pico de infectados superará os 20.000 entre as persoas sen restrición de mobilidade

Advirten da necesidade de restrición total, excepto servizos esenciais.

Publicado o

- Advertisement -

Alex Arena, físico e profesor en Ciencia Computacional e Matemáticas da Universitat Rovira i Virgili (URV) de Tarragona, acaba de publicar un mapa sobre as predicións dos contaxios no conxunto do Estado tras a entrada en vigor das restricións de mobilidade polo Estado de Alarma.

As súas conclusións son contundentes, en dez días o principal pico de infectados será entre o colectivo de persoas que non teñen restrinxida a súa mobilidade que pode superar as 20.000 persoas. Tamén crecerán os que teñen restrinxida a mobilidade só por cuestións laborais, aínda que menos.

A súa predición sinala que tras instalarse o Estado de Alarma será o colectivo recluído na casa o que conseguirá controlar a expansión do virus. Por iso suxire que haxa unha “restrición de mobilidade total”, excepto en servizos esencias. “Es necesaria YA”, di na súa conta de tuiter.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...