HomesociedadeAs adegas paran pero a viña non espera

As adegas paran pero a viña non espera

A quen lle vendes o viño agora? “A viña non espera, hai que seguila cultivando e non podemos parar, o tema da adega témolo totalmente parado”, explican os adegueiros.

Publicado o

- Advertisement -

Como pasou, por exemplo na Mariña, coa crise de Alcoa, pasou na Ribeira Sacra coa candidatura a Patrimonio da Humanidade; chega o COVID-19 e arrasa con todo para levarse todo o protagonismo. Pero a vida segue.

Os destinos para viaxeiros e turistas agora mesmo non existen, mellor dito, si existen, pero non como destinos porque non se pode ir a eles. Chegou o COVID-19 antes que a primavera e a Semana Santa, e todos na casa. O inicio da tempada retrásase e custará arrincar no regreso a algo parecido ao que había. O volver á normalidade, moita xente xa non o imaxina.

 

Consorcio de Turismo R.S.

Para trasladar a Ribeira Sacra ás casas, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ten en marcha nas redes #EnjoyRibeiraSacra, proposta para afondar na riqueza patrimonial e natural deste territorio. E Ribeira Sacra tamén se pode desfrutar en vídeo co documental promocional do Consorcio de Turismo, Cando foi a última vez que che contaron un conto?

Ribeira Sacra ten paralizada hostalería, turismo e comercio, segue traballando o sector primario. “A viña non espera, hai que seguila cultivando e non podemos parar, o tema da adega témolo totalmente parado”, explican os adegueiros.

A quen lle vendes o viño agora?

Na D.O. Ribeira Sacra desenvólvese o traballo imprescindible para que as empresas poidan funcionar. Os traballadores túrnanse, para as citas presenciais dase cita e mantense a recollida de mostras e as catas, tomándose as medidas para non concentrar xente e atendendo a todos os requerimentos oficiais. “Hai que manter uns mínimos para que a economía siga funcionando. Ao sector do viño paralízaselle a economía durante este tempo, pero non somos un produto perecedoiro,” sinala o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Aténdese a viña, pero as adegas están paradas e ven ralentizadas as súas vendas ao estar as canles de restauración paradas e con certa parálise na alimentación. Algún distribuidor xa avisou “que pecha e non volverá abrir”, noutros casos ao non poder vender, o distribuidor pide que non se lle cobren agora as partidas. “Todo está parado, tardará tempo en arrincar de novo”, din as adegas.

Vendima en Ribeira Sacra | Fonte: Arquivo

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada BIC

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites este xoves para incluír como Ben de...

Dúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

Os mellores proxectos defendidos e superados polo alumnado recaeron na súa totalidade en traballos...

O BNG de Pantón pon en cuestión que A Barca sexa de Sober

Os nacionalistas manifestaran xa no seu día, que de contruírse unha ponte, sería importante...

51.000€ para cambiar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...