Homesociedade57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

Unhas 57.000 persoas percorreron este ano a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo. En concreto, foron 56.904 viaxeiros os que realizaron estas rutas fluviais que opera a institución provincial polos Canóns do Sil e do río Miño entre o mes de marzo e esta pasada fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios e usuarias ano tras ano, o que demostra a forte atracción turística desta proposta e do traballo serio e comprometido da Deputación”. Lembrou que a temporada alta viuse moi condicionada polos lumes que golpearon Galicia no verán, chegando a interromper o servizo de catamaráns durante un día completo para facilitar os labores de extinción.

García Porto destacou que esta aposta da Deputación de Lugo forma parte da estratexia provincial por un turismo de calidade, sostible e de experiencias. “As rutas fluviais xeran un efecto multiplicador en termos de pernoctas e de consumo, contribuíndo así de maneira directa á dinamización económica, da hostalería, do turismo e do comercio nesta comarca”, valorou.

A ruta de Canón do Sil, que parte do embarcadoiro de Ponte do Sil de Monforte de Lemos, rexistrou un total de 43.495 persoas, e na do Cabo do Mundo, con saída de Santo Estevo en Belesar, foron 13.409 viaxeiros.

Este ano percorreron as rutas fluviais persoas procedentes de 37 países, a meirande parte deles de Europa, destacando as que chegan de Francia, Alemaña e Portugal; pero tamén houbo viaxeiros orixinarios de América, Asia ou mesmo África. Case o 70% dos usuarios e usuarias que percorreron a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación son de orixe nacional; sendo as provincias galegas a procedencia máis habitual, seguidas de Madrid, Barcelona, Asturias, Valencia ou Biscaia.

Durante esta Ponte festiva da Constitución foron case 700 persoas as que realizaron algún destes dous itinerarios, en concreto 683 viaxeiros. Uns datos contabilizados dende o luns 1 de decembro ata o luns 8 de decembro, período no que se reforzou o servizo en ambos embarcadoiros con maior frecuencia de navegacións. A ruta que parte de Ponte do Sil foi a elixida por 575 persoas e, pola súa banda, a de Belesar escollérona 108 persoas

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...