IniciosociedadeChegan os test ás residencias de anciáns

Chegan os test ás residencias de anciáns

Os test que demandaban os traballadores das residencias de anciáns comezan a facerse. Traballadores da Domusvi de Chantada informaron este mércores, que se lles tiñan feito test a todos os traballadores e usuarios do centro. Nas próximas horas coñeceranse os resultados.

Publicado o

- Advertisement -

Os casos activos nas residencias de anciáns da zona sur da provincia non sufriron cambios desde onte que se saba un aumento importante de casos na residencia de Castro Caldelas, que pasa de 7 casos activos nos usuarios, a 16 ademais dunha persoa falecida. Tamén se confirmaban neste centro 3 novos traballadores con Covid19, que se suman aos 3 que xa tiñan confirmados. O resto de residencias de anciáns do sur de Lugo non ten comunicado ningún novo caso. Entre tanto as demandas probas que pedían os traballadores deste centros comezan a facerse. Traballadores da Domusvi de Chantada informaron este mércores, que se lles tiñan feito test a todos os traballadores e usuarios do centro. Nas próximas horas coñeceranse os resultados, que se agardan con tensión e coa satisfacción de ter conseguido que se fixeran os test e así coñecer os casos activos e axudar a evitar contaxios.

Os casos activos nos centros para persoas con discapacidade no sur de Lugo, tamén se manteñen, despois de que onte se confirmaran novos casos na Domusvi de Bóveda con 4 casos e novos infectados no CAPD de Sarria, que onte sumaba un usuario máis e xa son 8 e hoxe confirmábase o diagnóstico en 3 traballadores máis, contabilizando un total de 15.

Os últimos datos oficiais dan 566 casos activos na provincia de Lugo, 3 mais ca onte. 15 están na UCI, 4 deles na UCI do Hospital Público de A Mariña e o resto no HULA. 55 casos diagnosticados están en hospitalización, 10 menos ca onte (12 deles no Hospital Público da Mariña, 7 no Hospital Público de Monforte, 8 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). 496 dos casos activos fan o confinamento en domicilio (13 máis ca no día de onte, no que había 483)

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...