IniciosociedadeMartes de Pascua, festivo en Monforte sen honras á Virxe de Montserrat

Martes de Pascua, festivo en Monforte sen honras á Virxe de Montserrat

O Concello ten a intención de celebrar un acto á Patroa, a Virxe de Montserrat, cando se supere o estado de alarma e se recupere unha certa normalidade que permita esta celebración.

Publicado o

- Advertisement -

festividade relixiosa propia do Martes de Pascua, este día 14 en Monforte de Lemos, queda aprazada, dada a imposibilidade de celebrar este tipo de actos litúrxicos por mor do estado de alarma decretado ante a pandemia do COVID-19.

Así, unha vez sexa posible a celebración de actos relixiosos, levarase a cabo unha misa na honra da Virxe de Montserrat e dita misa terá lugar un martes pola tarde, a fin de emular o tradicional Martes de Pascua.

Tras a celebración eucarística, procederase a celebrar unha procesión coa imaxe da Virxe polo atrio da Igrexa da Régoa, igrexa na que se mantén exposta mentres duren as obras de restauración que se están a levar a cabo na Igrexa de San Vicente. Da mesma forma, e como é tradición, neste acto o Alcalde da cidade renovará os votos coa Virxe e procederase á bendición dos campos. Finalmente, a imaxe volverá ó altar da Igrexa da Régoa.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...