Homesociedade27 casos activos na Domusvi de Bóveda

27 casos activos na Domusvi de Bóveda

Nas residencias de maiores, Galicia conta con 832 usuarios con Covid19; deles mantense 1 na Domusvi de Chantada e baixa de 2 a 1 a Domusvi de Monforte, porque un dos pacientes deu negativo na última proba.

Publicado o

- Advertisement -

Os últimos datos de casos activos nos centros para persoas con discapacidade confirman o importante aumento de casos na Domusvi de Bóveda. Este centro que conta con máis de 200 persoas, confirmaba o pasado día 8 casos de traballadores e usuarios con Covid19 e a última hora deste domingo coñecíanse novos casos resultado das probas realizadas neste centro, que conta con 16 usuarios e 11 traballadores infectados. Os pacientes están illados no centro e non presentan complicacións, agás unha persoa que está en hospitalización.

A nivel galego estes centros contan con 91 usuarios con casos activos e 74 traballadores. No resto destes centros na zona sur non presentan novidades. Mantéñense os casos do traballador da Vivenda Tutelada Agora de Monforte e no CAPD de Sarria os 15 traballadores e 8 usuarios.

Nas residencias de maiores, Galicia conta con 832 usuarios con Covid19; deles mantense 1 na Domusvi de Chantada e baixa de 2 a 1 a Domusvi de Monforte, porque un dos pacientes deu negativo na última proba. Na residencia de Castro Caldelas seguen os 16 casos activos nos usuarios. Os traballadores con Covid19 nas residencias galegas son 342, deles 5 están na Domusvi de Monforte, 8 na residencia de Castro Caldelas

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...