HomesociedadeAGORA realiza visitas virtuais a Monforte coa Rede Museística

AGORA realiza visitas virtuais a Monforte coa Rede Museística

Un grupo de persoas de AGORA puideron coñecer máis detalladamente a historia do Museo Pazo de Tor e visitar as instalacións de maneira virtual, cunha visita guiada pola xerente da Rede Museística Provincial.

Publicado o

- Advertisement -

O centro de día que ten a asociación AGORA de Monforte permanece pechado dende o día 14 de marzo, data na que se decretou o estado de alarma no país. O peche das instalacións non implica o cese da actividade. Aínda que houbo que facer cambios na operatividade, todos os días os profesionais do centro manteñen o contacto coas persoas usuarias por teléfono ou por vídeo conferencia para saber como están, que necesidades teñen e tamén para poñerlles actividades de mantemento. Na vindeira semana está prevista volver realizar outra visita virtual coa Rede Museística, para seguir coñecendo a cultura local e tamén para poder realizar actividades que permiten pasar mellor a estadía na casa.

Membros da Asociación Agora de Monforte no “Programa Respiro” en Poio

Ante a brecha dixital que se vive sobre todo en zonas rurais, dende a asociación AGORA intentan superala mediante o envío por correo postal de exercicios para aquelas persoas que non dispoñen de conexión on line. Para os que si a teñen, todos os días en horario de 12 e 16:30 horas reciben clases de habilidades sociais, logopedia, ximnasia de mantemento ou apoio emocional, ademais doutras actividades que pretenden mellorar a independencia física e motora das persoas, minimizando os procesos dexenerativos e potenciando as capacidades.

A asociación AGORA, que é membro da  Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), encárgase tamén de levarlle a medicación e a compra de alimentos a unha persoa que vive nunha parroquia que carece de tendas de alimentación e de transporte adaptado ás súas necesidades. A persoa chama unha vez á semana para encargar os produtos que precisa e, dende a asociación, fanlle a compra e lla entregan.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...