IniciosociedadeFalece Luz Pozo Garza, autora do libro "Pazo de Tor"

Falece Luz Pozo Garza, autora do libro “Pazo de Tor”

A poeta Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo no 1922, finou este luns na Coruña, a cidade na que residía desde finais dos anos 80. A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, segundo remarcou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado.

Publicado o

- Advertisement -

“O amor e a sensualidade foron dúas constantes na súa obra, caracterizada por un fondo lirismo e o diálogo intertextual íntimo coa tradición poética galega e universal. A luz como elemento simbólico central é outro sinal de identidade dunha autora que nunca deixou de escribir”, explica a RAG na nota de prensa. En 2019 publicou o seu último libro, ‘Pazo de Tor,’, homenaxe ao edificio de Monforte de Lemos e ás raíces familiares, pola vía materna. A información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...