Homesociedade9 positivos por Covid19 na residencia de Taboada

9 positivos por Covid19 na residencia de Taboada

A residencia de maiores O Meu Fogar, do muncipio lucense de Taboada, detectou un brote de coronavirus nas súas instalacións con nove infectados. Trátase de seis usuarios e tres traballadoras.

Publicado o

- Advertisement -

En declaracións a Europa Press o alcalde de Taboada, Ramiro Moure, dixo que “tras a realización das probas que está a efectuar a Xunta de Galicia detectáronse eses positivos” aínda que tamén recalcou “que todos están asintomáticos”.

Os usuarios permanecen illados e “estarán nesta situación durante 15 días ata que lles volvan a facer as probas”, segundo confirmou o rexedor. As traballadoras, pola súa banda, atópanse “en corentena nos seus domicilios” para evitar a propagación da pandemia.

Esta residencia conta cun total de 94 prazas e é de titularidade privada, pertence á Fundación San Rosendo, unha compañía con numerosos centros deste tipo por toda Galicia. Alí, o ambiente segue sendo “bo” segundo Moure, quen tamén confirma que “non hai situación de alarma algunha”. Neste sentido, o alcalde explicou que se atopa en contacto constante coa directora do centro para coñecer todas “as novidades de primeira man”.

Entre tanto, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro anunciaba que ningún usuario das residencias de titularidade autonómica “está infectado por COVID-19”. Estes centros de titularidade autonómica suman preto de 500 residentes en total e o delegado territorial incide en que se non se dan positivos é polo “gran traballo que están a realizar os directores e traballadores destes centros para protexer, coidar e axudar aos usuarios nestas semanas de confinamento”.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...