HomesociedadeTúnel hixienizante inchable para as piscinas de Sober doado por Rectoral de...

Túnel hixienizante inchable para as piscinas de Sober doado por Rectoral de Amandi

O Concello de Sober disporá a principios da semana próxima dun túnel hixienizante inchable doado por Bodegas Rectoral de Amandi co que poder facer fronte ao COVID-19. O Goberno local destinará este túnel ás piscinas municipais de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo deste túnel, tal e como explica o rexedor, Luis Fernández Guitián, “é axudar a manter a máxima hixienizacion dos usuarios e usuarias da piscina municipal unha vez poida entrar en funcionamento”. O alcalde agradece o xesto de Bodegas Rectoral de Amandi “do que poderán beneficiarse todos e todas os usuarios da piscina”.

O sistema é o de hixienización de superficie por nebulización. O túnel vaise situar á saída dos vestiarios e vai ser de obrigatorio pasar por el para acceder ás zonas de baño, descalzos ou en zapatillas.

O arco sanitario de desinfección funciona con peróxido de hidróxeno en proporción do un por cento. Contén varias boquillas de aspersores que, mediante o sistema de nebulización, permiten realizar a limpeza integral das persoas, ao mesmo tempo que permite tamén limpar os pés ao incorporar unha alfombra na que se deixan todos os restos do virus.

O túnel hixienizante inchable conta cun sensor de movemento que detecta a entrada das persoas. O arco sanitario pódese colocar en calquera lugar. A montaxe é rápida, sen necesidade de instalacións previas nin toma de auga. Ademais é lixeiro e fácil de transportar. O Concello de Sober aposta por este novo dispositivo encamiñado a que os veciños e veciñas poidan acudir ás piscinas municipais nunhas condicións de seguridade mantendo, na medida do posible, o COVID-19 afastado.

Dispositivos tecnolóxicos de última xeración

Esta compra súmase á doutro material de tecnoloxía punteira xa adquirido polo Goberno local, como termómetros para o control de temperatura con tecnoloxía infravermella con cámara termográfica, purificadores de aire ionizadores e antibacterianos con luz ultravioleta que xa funcionan nos edificios públicos, así como un xerador de ozono para a desinfección de vehículos e outros espazos públicos pechados e pediluvios desinfectantes para poñer na entrada dos edificios abertos ao público.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...