HomeCulturaO Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

Monforte acolleu este mércores a primeira das tres festas do Correlingua na provincia, que este ano animan á rapazada a usar o galego co lema “Co galego no corazón facemos revolución”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas e alumnos do IES A Pinguela, IES Daviña Rei, IES Río Cabe, IES Val do Asma, CEIP A Gándara e CEE Infanta Elena de Monforte, do CEIP Doutor López Suárez do Saviñao, do CEIP Virxe da Luz de Portomarín e do IES Cosme López Rodríguez (A Rúa), nunha marcha pola lingua e unha festa final coa actuación da banda Cuarta Xusta.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización das actividades do Correlingua, enfocadas en reivindicar o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado. As vindeiras festas do Correlingua na provincia serán o 20 de maio en Ribadeo e o 27 de maio en Lugo.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...