IniciosociedadeDespois da repunta deste domingo a provincia mantén os 58 casos activos...

Despois da repunta deste domingo a provincia mantén os 58 casos activos de coronavirus

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns, 25 de maio, un total de 58 casos activos, os mesmos ca onte, día no que a estatística oficial da provincia sufriu a primeira repunta tras nove días de descenso de positivos en coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Dos 58 casos activos, dous están a ser atendidos na Unidade de Coidados Intensivos do HULA, e outros dous están hospitalizados en planta neste mesmo centro. Os outros 54 permanecen nos seus domicilios.

Os casos activos de COVID-19 en Galicia baixaron nas últimas horas a 854, e permanecen hospitalizadas 71 persoas (dúas menos que este domingo), das que 11 están en Unidades de Coidados Intensivos, segundo os datos comunicados pola Consellería de Sanidade.

Así, descenderon en 15 os casos activos de coronavirus que, por áreas sanitarias distribúense deste xeito: 255 casos na área de Vigo, 207 na área da Coruña, 145 na área sanitaria de Santiago, 127 casos na área de Ourense, 58 na área de Lugo, 36 na área de Pontevedra e 26 casos activos na área sanitaria de Ferrol.

Con respecto ás persoas hospitalizadas, hai 60 pacientes en unidades de hospitalización convencional e 11 pacientes en UCI. A eles súmanse 783 persoas que se recuperan nas súas casas con seguimento domiciliario, o que supón 13 menos que hai un día.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...