HomesociedadeA Ribeira Sacra recupera as viaxes polas rutas fluviais en catamarán

A Ribeira Sacra recupera as viaxes polas rutas fluviais en catamarán

Para garantir o distanciamento social, as barcas "saen coa metade de prazas ocupadas" do que o facían con anterioridade e fíxase o calendario de saídas coa intención de que "coincida o mínimo número de persoas no embarcadoiro antes de subir ou baixar no catamarán"

Publicado o

- Advertisement -

O servizo de viaxes turísticas por catamarán na Ribeira Sacra, promovido pola Deputación de Lugo, arrincou este fin de semana e estará operativo, coas medidas necesarias para a prevención da COVID-19, ata final de ano.

Así o anunciou a responsable de Turismo da institución provincial, Pilar García Porto, que confiou en que a participación “vaia aumentando aos poucos cada fin de semana”. “Sabemos que a prudencia debe primar neste tipo de actividades, pero nós, como institución pública, traballamos moito para que non se corra ningún risco para desenvolver este tipo de iniciativas de lecer con seguridade”, destacou.

Para garantir o distanciamento social, as barcas “saen coa metade de prazas ocupadas” do que o facían con anterioridade e fíxase o calendario de saídas coa intención de que “coincida o mínimo número de persoas no embarcadoiro antes de subir ou baixar no catamarán”. Entre viaxes, así mesmo, se desinfectaran as embarcacións, para que o risco de contaxio “sexa o mínimo posible“.

A deputada explicou que a posta en marcha deste servizo é “unha moi boa noticia” para o comercio e o sector turístico da provincia, xa que “axudará a reactivar a economía unha vez superada a etapa máis dura da pandemia”.

No caso do embarcadoiro de Ponche do Sil, as embarcacións non sairán á vez, senón que se ofertan ata 5 horarios diferentes para poder realizar as viaxes e o límite de aforamento fíxase para 26 pasaxeiros nunha e de 53 na outra. No caso de Belesar, poden viaxar de cada vez 31 pasaxeiros, con flexibilización horaria.

A Deputación prioriza a compra de billetes na web reservas.rutasembalses.es. No caso de que se deba facer in situ, é preferible que os pagos se fagan con cartón bancario. Ademais, é obrigatorio o uso de máscaras de protección e están habilitados dispensadores de xel hidroalcohólico tanto nas instalacións como nas embarcacións.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...