Homesociedade'Showcooking outonal' por parroquias en Monforte

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte está desenvolvendo demostracións de cociña en locais sociais de diferentes parroquias. A iniciativa, que ten como obxectivo poñer en valor a cociña de outono e dinamizar o rural, está sendo acollida con gran interese.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante iniciativa: levar demostracións de cociña profesionais ás parroquias.

O programa alongarase ata o 5 de decembro completando un total de seis xornadas (días 21, 22, 27, 28 de novembro e 4 e 5 de decembro) nas que os ‘showcooking’ se van desenvolvendo en distintos locais sociais do Concello. Un chef profesional imparte estes obradoiros de cociña elaborando receitas con produtos do outono: cogomelos, castañas, verduras… Unha degustación conxunta das tapas ponlle remate ao encontro gastronómico.

Esta actividade, que se desenvolve en horario de 19:00 a 21:00 h., ademais de ensinar algunhas técnicas e receitas do chef, serve para dinamizar o rural socializando e dálle uso aos locais sociais que teñen as parroquias participantes. O acceso a estes obradoiros é gratuíto, con 25 prazas dispoñibles en cada un deles que se completan o mesmo día da actividade no local social que corresponda. 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Os locais sociais participantes nesta programación son: Santa Mariña, Seoane, A Penela, Distriz, Chao do Fabeiro e Sindrán.

Nos obradoiros celebrados nos de Santa Mariña e A Penela, os días 21 e 22 de novembro, estivo presente o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada. Segundo puido comprobar, houbo éxito de participación e os asistentes agradeceron que se leven este tipo de actividades ao rural.

Local de Santa Mariña. Foto: Concello de Monforte.

Os vindeiros ‘showcooking’ serán os días 4 e 5 de decembro e realizaranse nos locais sociais de Distriz e Sindrán respectivamente.

A actividade está financiada polo Concello de Monforte e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...