HomeEconomíaA CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, veñen de asinar un convenio de colaboración que compromete unha inversión de 7,9M€ en actuacións de saneamento integral no municipio de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a marxe do río Cabe, resolvendo tamén o problema de alivios non autorizados no Parque dos Condes. Trátase da terceira fase de intervención na mellora do saneamento impulsada por José Tomé desde a súa chegada ao concello no 2015.

Neste senso, Tomé recordou as actuacións desenvolta, tanto directamente polo Concello de Monforte, como a través de convenios con outras administracións, “salvo a Xunta de Galicia, que non quixo participar nos convenios que viñemos asinando coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil; nin co anterior presidente, nin co presidente actual”, apuntou Tomé. Concretamente, referiuse aos acordos asinados coa CHMS para o desenvolvemento das dúas fases previas: un primeiro por importe de 1,4M€, e o segundo, por 2,4M€. “Coas liquidacións superaron os 4M€”.

O convenio asinado esta semana achega unha inversión para mellora do saneamento que suma 7,9 millóns de euros distribuídos en 4 anualidades, dos cales o Concello aporta case 400.000 euros, concretamente 390.000, e a Confederación Hidrográfica 7.505.000 euros.

As actuacións incluídas no presente convenio dan continuidade a eliminación de augas limpas que entran na rede de saneamento na marxe esquerda do río Cabe e suman a construción no aparcamento do Parque dos Condes, xunto ao edificio dos Escolapios, dun DSU-Sistema de Descarga Unitaria (tanque de tormenta), ademais dun novo interceptor con sección suficiente que permita evacuar as augas residuais que chegan ao Parque dos Condes ata o novo DSU. No referente á eliminación de augas limpas, o Alcalde explicou que o proxecto construtivo definirá con exactitude a zona de intervención.

“Este convenio é fundamental para a mellora ambiental do entorno fluvial do río Cabe, xa que con estas actuacións eliminaremos definitivamente os alivios non autorizados no Parque dos Condes, e seguimos mellorando o saneamento da cidade de Monforte”, valorou e agradeceu ao Presidente da CHMS “a sensibilidade que ten para atender as demandas que lle fago como Alcalde, o que demostra que tanto o Concello de Monforte como a Confederación somos conscientes da importancia que teñen estas iniciativas para seguir mellorando a calidade da depuración, e polo tanto, tamén a calidade das augas do Río Cabe”.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...