IniciosociedadeTriplícanse os viaxeiros das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

Triplícanse os viaxeiros das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra triplicaron o número de viaxeiros esta pasada fin de semana con respecto á anterior, acadando preto de 180 pasaxeiros entre o sábado e domingo.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asegura que os datos das rutas do catamarán na Ribeira Sacra, “confirman que a xente vai gañando confianza e aposta por esta alternativa de lecer na natureza que ofrece a Deputación para gozar do rico patrimonio da Ribeira Sacra”.

O servizo de catamaráns funciona con medidas de seguridade para minimizar o risco de contaxio da Covid-19. A Deputación prioriza a compra de billetes na web reservas.rutasembalses.es. No caso de que se deba facer in situ, é preferible que os pagamentos se fagan con tarxeta bancaria. Ademais, é obrigatorio o uso de máscaras de protección e están habilitados dispensadores de xel hidroalcólico tanto nas instalacións como nas embarcacións para que se poidan realizar desinfeccións de mans.

O persoal cumpre protocolos específicos e instalou paneis informativos para lembrar todas as medidas de seguridade. A información turística pódese descargar mediante códigos QR e a institución flexibiliza as condicións de cambio de data ou cancelación, así como para a devolución do importe do billete durante toda a temporada de viaxes.

A Deputada de Turismo animou unha vez máis á cidadanía a achegarse a facer as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra: “É unha opción de natureza, lonxe de masificacións e preto da casa ao que podemos chegar en transporte individual ou colectivo. Facer unha viaxe en catamarán pódese combinar con outras múltiples ofertas de lecer que nos permiten gardar as distancias e seguir descubrindo e redescubrindo novos lugares”.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...