Iniciosociedade10 novos casos de Covid19 na provincia por un rebrote na Mariña

10 novos casos de Covid19 na provincia por un rebrote na Mariña

Os 10 novos positivos detectados corresponden todos á zona da Mariña, 8 deles pertencentes a un brote nunha familia de Xove. Outro é o dunha muller que deu positivo nunha proba de Covid-19 previa a unha operación no centro hospitalario de Burela. O outro un home de 71 anos de Burela, que está hospitalizado.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 25 de xuño, a provincia de Lugo conta con 27 casos activos de coronavirus, 10 máis ca onte, dos que 2 están en hospitalización, un deles no HULA e o outro no Hospital Público da Mariña. Os 25 restantes están confinados nos seus domicilios, 9 máis ca onte.

Os 10 novos positivos detectados corresponden todos á zona da Mariña, 8 deles pertencentes a un brote nunha familia de Xove. Outro dos novos casos é o dunha muller que deu positivo nunha proba de Covid-19 previa a unha operación no centro hospitalario de Burela e en canto ao novo hospitalizado na Mariña é un home de 71 anos, residente en Burela. Segundo confirmou o propio Sergas, realizáronse 25 probas PCR máis, polo que nas vindeiras horas poderían confirmarse máis positivos.

Ao incremento de 10 novos casos na área sanitaria de Lugo, súmase un na de Ourense, o que deixa Galicia con 333 casos activos, mentres que as persoas curadas son 10.563.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...