Homesociedade241.000 euros para melloras hidráulicas e viarias en Quiroga

241.000 euros para melloras hidráulicas e viarias en Quiroga

241.248 € investirá o Concello de Quiroga a través do Plan Único, en actuacións de conservación de infraestruturas básicas do municipio segundo aprobou a Xunta de Goberno Municipal.

Publicado o

- Advertisement -

Entre as obras a desenvolver co Plan Único da Deputación no concello de Quiroga recóllense, melloras hidráulicas nos núcleos de Quiroga, Paradaseca, Bendilló, Campos de Vila, Vilañán e Vieiros; rexeneración e asfaltado dos accesos de Pacios á Ermida, a Outeiro, das Farrapas a Bendilló, a Bendilló e a Santa Cubicia.

Tamén se contempla a reparación e o formigonado de camiños en rúas de Quiroga, Os Novaes, Bendollo, Carballo, San Cristobo, Vilarbacú e Aldea; e a primeira fase da ampliación do museo etnográfico. Estes orzamentos teñen que ser realizados ao longo deste 2020.

Entre as obras a desenvolver contémplase ademais o acondicionamento e mellora da práctica totalidade da rede viaria local, en base a rebacheos e desbroces.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...