Iniciosociedade173.000 euros para a promoción da igualdade no sur de Lugo

173.000 euros para a promoción da igualdade no sur de Lugo

Nas comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga as achegas suman un orzamento de 173.300 euros, destinados ao mantemento dos Centros de Información á Muller (CIM) e o desenvolvemento de medidas de concienciación e de conciliación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas achegas concedéronse aos concellos de Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Os concellos poden optar a distintas liñas de axuda compatibles entre si. Tres delas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e inclúen o apoio a catro programas dirixidos ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; e ao funcionamento dos CIM.

A cuarta liña destinada a accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres enmarcase no desenvolvemento en Galicia das medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

No sur lucense a maior contía corresponde ao financiamento dos tres CIM, que reciben apoios por importe global de 122.600 euros e atenden en total a once municipios da zona. Así, o CIM de Monforte de Lemos tamén presta servizo á poboación de Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober. O de Chantada aos veciños e veciñas de Carballedo e Taboada, e o de Quiroga é compartido con Ribas de Sil.

Estas axudas financian a contratación para cubrir postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Pola súa banda, para desenvolver as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres postas en marcha no marco do Pacto de Estado de Violencia de Xénero, contarán coa axuda desta orde os concellos de Chantada, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Os apoios suman 39.500 euros. Por último, o concello de Sober recibe 11.200 euros para o fomento da corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas que aposten pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...