Iniciosociedade15 € de consumo local e Autocine de balde en Monforte

15 € de consumo local e Autocine de balde en Monforte

O CCU (Centro Comercial Urbano) de Monforte de Lemos vén de facer un comunicado no que informa das novas condicións para acceder ao "Autocine-Lemosía", iniciativa para ver películas en coche no aparcamento do Parque dos Condes. Xa non será necesario o pago de 10 € por coche no proceso de reserva de prazas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante as novas medidas decretadas en relación á Covid-19 polo Ministerio de Sanidade, recibindo recentemente o aviso de que previsiblemente non se poderán organizar novas actividades en espazos públicos nos vindeiros días e sendo conscientes da actual situación de incerteza e crise económica que estamos a vivir, o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte tomou a decisión de eliminar o pago dos 10€ por coche do proceso de reserva de prazas para o AUTOCINE LEMOSÍA.

Para reservar praza, seguirá sendo necesario estar en posesión dun dos códigos que se están regalando, previo gasto de polo menos 15€ nos establecementos asociados ao CCU (Ata fin de existencias. Cada negocio recibiu 25 destes códigos). Cando se dispoña xa do código cómpre entrar en ww.ccumonforte.com/autocine e realizar a reserva de praza non sendo xa necesario pagar os 10€ por coche para acceder á reserva (Non hai que levar o código ao autocine, os códigos só serven para facer a reserva de praza na Web).

A Directiva do CCU informa que esta medida pretende ser “un estímulo máis para que os veciños e veciñas de Monforte e contorna sigan apostando polos negocios asociados ao Centro Comercial Urbano que, malia a delicada situación que están a vivir nos últimos tempos, son os que fan posible este tipo de  actividades en Monforte de Lemos” ( www.ccumonforte.com/socios )

DEVOLUCIÓNS E AGRADECEMENTOS

Todos aqueles que xa reservaran a súa praza no autocine, recibirán automaticamente a devolución en conta dos 10€ pagos. Desde o CCU aproveitan para agradecer a colaboración de Eme Sports, empresa que suministra o equipo necesario para organizar esta actividade.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...