IniciosociedadeDetectado en Monforte un foco con 8 casos positivos por COVID-19

Detectado en Monforte un foco con 8 casos positivos por COVID-19

O Concello de Monforte de Lemos informa da existencia dun foco con oito casos positivos por COVID-19 nun edificio da cidade, o número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun comunicado remitido aos medios, o Consistorio explica que desde a área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Así mesmo, sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posibles casos.

O Concello deu conta de que puxo a disposición do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de ditas PCR.

O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este brote.

ÚLTIMAS

‘Chantada Contra o Cancro’: unha nova etapa para unha asociación que non debía desaparecer

O pasado mes de decembro, a entón directiva da Asociación Chantada Contra o Cancro...

Indóciles: Espectáculo de música, poesía e narración en Monforte

Dentro da sua programación arredor do día das Letras Galegas, o Concello de Monforte...

Destilación de crise e medidas de apoio para a D.O. Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que pedirá ao Ministerio de Agricultura,...

Ruta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

A natureza concibida como unha gran aula foi o escenario dunha actividade organizada polo...