HomeMovementos sociais'Chantada Contra o Cancro': unha nova etapa para unha asociación que non...

‘Chantada Contra o Cancro’: unha nova etapa para unha asociación que non debía desaparecer

En decembro de 2023 a directiva da Asociación Chantada Contra o Cancro anunciaba a decisión de rematar a súa etapa. O proxecto podía acabar aquí ou continuar se había xente para coller as rendas da entidade e seguir co seu activismo na loita contra esta enfermidade...

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de decembro, a entón directiva da Asociación Chantada Contra o Cancro anunciaba a súa decisión de rematar a súa etapa. Abríase a posibilidade de que esta organización chantadina desaparecese logo de 7 anos –fundouse en decembro de 2016– se ninguén collía as rendas. Por sorte, unha nova directiva comprometíase a continuar este interesante e necesario proxecto a comezos deste ano.

A entidade chantadina naceu para compartir experiencias, apoiar a doentes e ás súas familias e promover hábitos de vida saudables. “O importante labor que comezara da man de Jesusa –a primeira presidenta e fundadora da asociación– e que serviu de axuda para moitos doentes e familias, para ir rompendo o tabú que aínda existe arredor do cancro e, sobre todo, facelo dende unha localidade pequena e rural onde o acceso a calquera servizo é máis complicado, non podía perderse”, afirman dende a nova directiva.

A actual directiva, que afirma ter “unha vontade continuista, seguindo co bo facer da asociación”, está conformada por catro mulleres: Ana López (Presidenta), Salud Sánchez (Tesoureira), Elena Pavón (Secretaria) e Eva R. Argiz (Vogal).

ACTIVANDO ACTIVIDADES NESTE 2024

O pasado mes de marzo celebraron un concerto solidario de acordeón e pouco despois organizaron charlas nos dous institutos chantadinos (Lama das Quendas e Val do Asma) sobre as enfermidades de transmisión sexual (ETS), especialmente o virus do papiloma humano (VPH) e a súa relación co cancro. A xinecóloga e tamén chantadina, Dra. Ana Casal, foi a encargada de impartilos. “A nosa vontade non é outra que os rapaces e rapazas conten con toda a información dos riscos e de como poden previlos”, explican dende o colectivo xustificando o importante labor divulgativo que teñen este tipo de actividades.

Charla sobre ETS nun centro escolar chantadino. Foto: Chantada Contra o Cancro.

Pensando xa no futuro próximo, avanzan que xa haberá unha actividade para o mes de xuño e que están preparando a súa tradicional Andaina.

Andaina solidaria contra o cancro / Asociación Chantada Cancro
IMPLICACIÓN CON PACIENTES DE CANCRO

Ademais do eido divulgativo, Chantada Contra o Cancro tamén se implica co paciente. Coa colaboración de profesionais e establecementos locais, ofrecen servizos para socios, doentes e familiares. Eses servizos son: atención psicolóxica, asesoramento nutricional, neuroterapia, actividade física e mantemento de próteses capilares.

Estes servizos conseguen que os doentes e familias chantadinas e da comarca, “poidan ter as mesmas oportunidades de servizos de apoio que noutros lugares ou cidades, e cun prezo reducido grazas á aportación que se fai tanto dende a asociación como dos propios profesionais que colaboran connosco”, explican dende a directiva da asociación.

O teléfono de contacto da asociación é o seguinte: 641 45 27 42.

ÚLTIMAS

Próximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Nestes encontros debaterase e realizarase unha folla de roteiro para que as Comunidades de...

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba...