IniciosociedadeMedidas do concello de Monforte ante o brote de coronavirus

Medidas do concello de Monforte ante o brote de coronavirus

O concello convoca ó Consello Municipal de Saúde para unha reunión o próximo luns, día 24, ás 8 da tarde, no Salón de Plenos do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte informa de que desde o pasado 18 de agosto en que se detectou o foco do edificio de Duquesa de Alba, o concello púxose a disposición das autoridades sanitarias para colaborar en todo o que fora posible.

Efectivos da Policía Local colaboran estreitamente, xa dende a mesma tarde do martes, coa Policía Autonómica e a Policía Nacional, para levar a cabo, xunto cos efectivos sanitarios correspondentes, a realización de probas PCR a fin de detectar máis positivos no edificio de afectados da rúa Duquesa e tamén noutras posibles zonas da cidade e do Concello.

A través da empresa que leva a cabo a limpeza viaria da cidade, desinféctanse as rúas nas que se detectaron os mencionados positivos por Coronavirus. E se fora necesario desinfectar as zonas comúns dos edificios afectados, o concello asegura que así se fará.

Servizos Sociais están traballando desde o primeiro momento e sen descanso por dar cobertura a todas as necesidades que están xurdindo nestes momentos, e en especial, ás persoas que deron positivo, ou que estiveron en contacto con eles.

Este día 19 de agosto o alcalde cancelaba a Feira do Libro de Monforte, que ía ter lugar a vindeira semana. E cancélase tamén a feira mensual que se ía celebrar o vindeiro luns 24 nas Lamas. Por decreto cancelouse o campus de baloncesto, o de voleibol da Ribeira Sacra, o campamento municipal, o obradoiro do Conservatorio de Música e a piscina municipal.

Aseguran dende o Concello de Monforte que se cumpre estritamente coas normas determinadas polas autoridades sanitarias. E o SERGAS, precisamente, quen se encarga dos rastreos de novos casos, así como da realización das probas PCR. Neste senso, dende o Concello piden unha comunicación máis intensa e frecuente, para poder informar puntualmente á veciñanza.

O Concello está en contacto permanente coas persoas afectadas a través dos Servizos Sociais para facilitarlles alimentos ou medicinas que poidan necesitar, e para iso só teñen que solicitalo chamando ó Concello.

O alcalde, José Tomé, pide tranquilidade e calma nestes momentos de preocupación e amosa a súa confianza en que coa colaboración de todos o control do brote será máis rápido. Pide tamén colaboración para facilitar a detección de posibles casos para que non se sigan estendendo. E insiste en que se cumpra coas normas que ante esta pandemia estableceron as autoridades sanitarias: limpeza exhaustiva de mans, uso sempre da mascarilla, evitar as aglomeracións e manter o distanciamento social.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...