HomesociedadeOs catamaráns da Ribeira Sacra navegarán ata decembro

Os catamaráns da Ribeira Sacra navegarán ata decembro

A Deputación de Lugo confirmou a prórroga do contrato, por 45.000 euros, para que a empresa Tragsa ofreza ata decembro o servizo de catamarán polos ríos Miño e Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a xunta de goberno provincial deste venres, o presidente, José Tomé, compareceu en rolda de prensa para anunciar a ampliación deste servizo que desde xuño empregaron máis de 20.500 persoas.

Respecto diso desta cifra, Tomé destacou “a boa acollida” dos itinerarios fluviais na Ribeira Sacra a pesar das restricións que marca a pandemia da COVID-19, como que as embarcacións só pódense ocupar ao 50 por cento, entre outras limitacións.

Ademais, o presidente subliñou o “éxito” cultivado por estas rutas en catamarán entre o 15 de setembro e o 15 de outubro, con 6.200 usuarios rexistrados.

ÚLTIMAS

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...