IniciosociedadeComeza o mes do Amandi

Comeza o mes do Amandi

O primeiro dos actos do Mes do Amandi foi un brinde nos recentemente reformados Pendellos de Cadeiras, en Pinol. Tamén foi presentado o cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, obra de Isabel Núñez, especialmente adaptado para a ocasión cunha vendimadora con máscara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

luns día 9 ás 11:30 horas o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober fará unha visita guiada á restauración das pinturas murais da igrexa de Santa María de Lobios.

mércores 11 de novembro ás 12:00 horas haberá un showcooking con Carlos J. González, do Restaurante Merenzao, de Francos de Doade.

xoves 12 de novembro ás 12:00 horas terá lugar a inauguración da exposición de carteis da XL Feira do Viño de Amandi na Casa da Cultura de Sober.

venres día 13 de novembro ás 18:00 horas charla nas Merendas con Contos baixo o título ‘Os novos viticultores de Amandi visitan as Merendas con Contos’.

sábado 12 de novembro ás 12:00 horas na Oficina de Turismo de Sober farase a presentación do slogan promocional dos viños da subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra).

Túnel do Viño / Concello de Sober

mércores 18 de novembro ás 10:00 horas presentarase a IXP Mexillón de Galicia ao alumnado e profesorado da Escola de Hostalería de Rosende. E o xoves 19 a partir das 11:00 horas haberá unha xornada de maridaxe de Mexillón de Galicia con viños de Amandi en colaboración con IXP Mexillón de Galicia.

A Escola de Hostalería de Rosende elaborará durante o mes de novembro pratos especiais con produtos da zona maridados con viños da D.O. Ribeira Sacra, subzona de Amandi.

No marco cultural, a adega Rectoral de Amandi será o escenario o xoves 19 de novembro ás 12:00 horas da presentación do libro Ribeira Sacra, orixe e evolución da Denominación de Calidade, de José Mouriño. 

O venres 20 de novembro a partir das 19:00 horas as Merendas con Contos celebran a Santa Icía.

sábado día 21 de novembro ás 19:00 horas será a presentación do libro disco de Xabier P. Vizcaíno na Casa da Cultura de Sober, unha actividade patrocinada pola dirección xeral de Política Lingüística.

mércores 25 de novembro ás 12:00 horas showcooking con Martín Mantilla, do Restaurante Berso de Sober.

O Goberno local puxo en marcha tamén o concurso infantil da Feira do Viño de Amandi, cuxos gañadores se darán a coñecer o venres 27 de novembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Tamén se presentará o pousavasos co debuxo gañador.

venres 27 tamén haberá teatro familiar ás 18:00 horas na Casa da Cultura patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo. Presentarase ‘O viaxante dos soños’ de Abú Teatro.

Do 27 ao 29 de novembro celebrarase o Foro Territorios Patrimonio  2020 no Hotel Pazo de Sober organizado por i-Radia. Festival 17º Ribeira Sacra.

As actividades que non poidan contar con público, debido ás restricións impostas polas autoridades sanitarias, serán retransmitidas a través das redes sociais do Concello. 

Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020

O día 5 de decembro farase a apertura e presentación da Feira-Mostra do Viño de Amandi no Hotel Pazo de Sober. A asistencia será mediante convite a distribuidores, xornalistas especializados e restauradores. O horario será de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 20.30 horas. E o domingo día 6 de 11:00 a 14:30 horas.

Benedicta

O pregón da Feira, que correrá a cargo da actriz Benedicta Sánchez, galardoada co premio Actriz Revelación nos últimos Premios Goya polo seu papel en ‘O que arde’, será retransmitido a través das redes sociais do Concello de Sober. Os mesmos días levarase a cabo a precata e a cata de viños. O domingo día 6 farase a entrega de premios e a clausura da Feira-Mostra ás 13:30 horas.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recorda que este 2020 “vímonos obrigados a reinventarnos”, polo que anima a apoiar esta Feira “como un modo de apoiar tamén aos nosos bodegueiros nun ano especialmente complicado para todos”.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...