HomesociedadeCorte de tráfico en Dr. Casares de Monforte para mantemento da rede...

Corte de tráfico en Dr. Casares de Monforte para mantemento da rede eléctrica

O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico en Dr. Casares por obras que se levan a cabo este venres e mañá sábado 21, á altura do número 38, na baixada lateral ó Ambulatorio que enlaza co paseo do Malecón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tráfico está debidamente ordenado a través da sinalización correspondente ubicada no Campo de San Antonio, na entrada a Méndez Casal e na Praza de Dr. Goyanes, a fin de propiciar o tránsito de vehículos de forma axeitada.

As obras lévanse a cabo en horario de 9:30 a 19:30 horas, por necesidades de mantemento da rede eléctrica, en concreto, para realizar unha canalización para dar servizo de subministro eléctrico á finca correspondente a dito número 38.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...