IniciosociedadeQuiroga mellora sete rutas de sendeirismo da Rede Natura

Quiroga mellora sete rutas de sendeirismo da Rede Natura

O proxecto centrarase na limpeza, na sinalización, na recuperación de elementos danados e na creación de pequenas infraestruturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira parte do proxecto xa está en marcha e céntrase na limpeza e sinalización mediante franxas paralelas en cor branca e amarela nas rutas homologadas do Val do río Quiroga (PR-G 193), do Pregamento Xeolóxico de Campodola (PR-G 192), da Lagoa da Lucenza (PR-G 184),  na ruta do Ferradal (PR-G 187)  e na ruta Circular Montouto (PR-G218).

Coa sinalización mediante franxas paralelas na ruta da Seara a Rugando (PR-G 191) recupérase un camiño que durante séculos se empregou para baixar o mineral de ferro desde os xacementos do Monte Formigueiros ata as ferrerías do Mazo, Soldón, Outeiro e Rugando. Foi a principal vía de comunicación dende as zonas de montaña ata o val do Sil.

Unha vez rematen estes traballos de sinalización traballarase na segunda parte do proxecto, que implicará a recuperación de elementos danados e a creación de pequenas infraestruturas. Nesta parte que se acometerá na anualidade do  2021, inclúense os traballos de limpeza, consolidación e canalización das augas na Fonte da Cal e no Forno da Cal de Cereixido.

Na ruta Circular de Montouto (PR-G218) que recorre os bosques autóctonos das devesas de Montouto, Mazales e o Cervo, está proxectada a consolidación dun paso de madeira, a imprimación para a conservación da estrutura de madeira e a limpeza do entorno.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...