Homesociedade86.500 euros para 10 axentes de emprego na zona sur de Lugo

86.500 euros para 10 axentes de emprego na zona sur de Lugo

A Consellería de Emprego e Igualdade destina 86.500 euros a facilitar a contratación de 10 axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán servizo noutros tantos concellos da Zona Sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Administración galega reedita un ano máis este programa, que contribúe a configurar unha rede especializada que potencia o papel das entidades locais como motor de dinamización económica local. Nas comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga, os concellos beneficiarios son os seguintes: Carballedo, Chantada, Taboada, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, Pantón, Bóveda, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. 

Os axentes de emprego teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, apoiando a constitución de pequenas e medianas empresas no municipio. Desempeñan diversas tarefas como promotores de actividade, prospectores de mercado ou asesores puntuais de proxectos de empresa.

Entre outros cometidos, analizan a evolución e repercusión das medidas activas de emprego na súa zona de actuación, e colaboran co resto dos integrantes da rede na procura da mellora da súa calidade, intercambiando coñecementos e experiencias, así como desenvolvendo actividades e proxectos conxuntos. Deste xeito, favorecen a existencia dun tecido empresarial máis estable, a diversificación de actividades e, sobre todo, un crecemento económico sostido.

Os contratos asínanse por un ano e a Xunta colabora no financiamento dos custos salariais totais dos axentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos. A porcentaxe da axuda depende do número de persoas desempregadas rexistradas no municipio ou de que se unan varios concellos para prestar o servizo.

ÚLTIMAS

A actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29 de novembro en Láncara

A presidenta da asociación promotora do premio, asociación Val do Láncara, Marta Horbán, o...

Conmeracións do 25N, condena unánime á violencia machista

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

Máis de 1M€ da Xunta na adecuación da Oficina de Emprego de Monforte para acoller tamén o Polo de Emprendemento

As deputadas populares destacaron que as obras previstas pola Xunta adaptarán os máis de...

O BNG de Pantón reclama o arranxo da N-120A

Segundo o BNG, esta estrada leva anos en mal estado e con cascallos nalgunhas...