HomePolíticaO BNG de Pantón reclama o arranxo da N-120A

O BNG de Pantón reclama o arranxo da N-120A

A estrada N120-a dá acceso ás parroquia pantonesas de Atán e Pombeiro tamén aos Peares, e á présa. Os nacionalistas consideran de máxima importancia arranxar esta estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG, esta estrada leva anos en mal estado e con cascallos nalgunhas zonas e escorrentías de auga en varios puntos entre Os Peares e Guítara, no termo municipal de Pantón.

“O arranxo desta estrada é vital para moitos das nosas veciñas e veciños, xa temos presentado iniciativas no Congreso (tres veces), das que o goberno de España fixo caso omiso. Tamén promovemos iniciativas no ámbito municipal e galego asociadas á condición de BIC da paisaxe que ten esta estrada”, asegura Rosa Ana Prieto Florines, voceira nacionalista en Pantón

Para o BNG é inadmisible que o piso estea en mal estado e tomado polas escorrentías de auga, “Supón unha falta de respecto ás persoas que viven ou veñen ás parroquias de Pombeiro e Atán, defendemos a igualdade de dereitos das persoas vivamos onde vivamos. E non entendemos que esta zona sexa o núcleo desa paisaxe da auga que prentenden
declarar Patrimonio Mundial mentres nos teñen así unha estrada fundamental de acceso ás nosas ribeiras”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...