HomePolíticaMáis de 1M€ da Xunta na adecuación da Oficina de Emprego de...

Máis de 1M€ da Xunta na adecuación da Oficina de Emprego de Monforte para acoller tamén o Polo de Emprendemento

As deputadas do Grupo Popular Katy Varela e Encarna Amigo destacaron en visita á oficina de emprego de Monforte que a Xunta destinará máis de 1M€ á adecuación da actual oficina de emprego de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As deputadas populares destacaron que as obras previstas pola Xunta adaptarán os máis de 570 metros cadrados das actuais dependencias da Oficina de Emprego na rúa Doutor Casares para acoller tamén o Polo de Emprendemento.

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Monforte desde a súa posta en marcha, hai tres anos, leva atendido uns 300 proxectos empresariais. O servizo presta asesoramento para proxectos impulsados por emprendedores da capital monfortina, Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Folgoso do Caurel, Quiroga e Ribas de Sil.

Por sectores, predominan as iniciativas emprendedoras relacionadas coa hostalería (22 por cento), seguida do comercio (17 por cento) e do sector servizos (16 por cento). Ademais, o Polo de Emprendemento prestou arredor de 900 titorías a emprendedores da comarca de Lemos, dos que o 47 por cento fixéronse a homes e o 53 por cento a mulleres.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...