Iniciosociedade70.200 máscaras para alumnas e alumnos de Monforte

70.200 máscaras para alumnas e alumnos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar a posta en marcha do operativo para o reparto das mesmas entre o alumnado de todos os centros educativos do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste reparto de material é facilitar as medidas de prevención e contención do coronavirus para os alumnos e as alumnas que reiniciarán o curso escolar estes días.

Calcúlase que as máscaras a repartir alcanzará as 70.200 unidades, destinadas a estudantes censados en Monforte e escolarizados en Primaria Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacherelato (BAC) e Ciclos Formativos de Formación Profesional. En concreto, o concello destina 50 unidades por persoa, que “é a maior cantidade repartida por persoa, por unha administración pública, tanto local coma autonómica”, destacou o rexedor monfortino.

O reparto realizarase en tres franxas de idade: nenos e nenas de 6 a 12 anos, entre os que se repartirán 39.550 mascarillas infantís, xóvenes de entre 12 e 16 anos, para as que se destinan 27.650 mascarillas de adultos, e xóvenes de 17 a 18 anos, para os que se disporán outras 3.000 mascarillas para adultos. Poderán ser recollidas entre o 11 e o 15 de xaneiro no Edificio Multiusos en horario de 9:00 a 14:30 h.

REQUISITOS PARA A RECOLLIDA DAS MÁSCARAS

Poderán encargarse de recoller o material os pais dos menores ou unha terceira persoa sempre que acredite ter a correspondente autorización.

Os empregados municipais encargados do reparto solicitarán o DNI da persoa que recolla as máscaras, a autorización -no seu caso- e o libro de familia, a fin de comprobar que os nenos ou xóvenes para os que se solicitan ditas máscaras estean censados no Concello de Monforte.

O Alcalde, José Tomé, quixo destacar que “estas 70.200 mascarillas engádense ás 22.000 repartidas polo Concello a principios do mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, polo que dende o Equipo de Goberno destinaronse aos alumnos monfortinos máis de 92.000 mascarillas”.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...