A ANPA de Folgoso do Courel segue coa defensa do seu transporte escolar

Este mércores día 20, a asociación de nais e pais reuniuse en Lugo coa Xefa de Apoio aos Servicios Educativos, Margarita Sánchez, para estudar as reclamacións sobre o transporte escolar, coa intención de introducir modificacións no prego de contratación que solventen o conflicto.

Pancartas en Folgoso do Courel pedindo un transporte escolar digno / ANPA Cpi Poeta Uxío Novoneyra

Trala xuntanza aseguran que non se acadou ningún avance ou compromiso ao respecto de manter o transporte escolar do Courel nas condicións actuais. O tema principal da reunión foron as rutas do transporte. Neste sentido, a xefa do servicio comprometeuse a defender ante a consellería o mantemento das seis rutas actuais. O resto das demandas da Anpa non foron tratadas. A Anpa volveu presentar por rexistro novas alegacións contra a licitación do transporte escolar para os vindeiros cursos 2021-2023.

Dende o mundo da cultura está pendente a presentación en días próximos dun vídeo de apoio á causa que están a defender os pais e nais do colexio de Courel.

A Anpa do colexio de Folgoso do Courel presenta unha petición ante a Comisión do Parlamento Europeo para que valore unha posible vulneración da normativa europea respecto ao uso dos fondos Feder, cos que se está a financiar actualmente o transporte escolar en Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here