HomeCulturaCita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas...

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

O Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, levará once novas representacións teatrais esta fin de semana aos concellos de Outeiro de Rei, Ribas de Sil, o Valadouro, a Pontenova, Castro de Rei, Alfoz, Monforte, Monterroso, a Pastoriza e Cervo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro, ás 18:00h a representación de “Por un puñado de Grelos” da Agrupación Teatral Xa-Tá. A acción deste singular western desenvólvese no pobo de Guizan Town, á outra beira do Rio Torto e moi preto de Vileibol City, o lugar máis axeitado para coller a dilixencia. Coméntase que en Guizan Town, no lugar chamado As Chousas, controlado polo pobo dos Carrizos, está aparecendo ouro, o cal pode traer prosperidade ao condado. Pero hai un problema, As Chousas é a única paraxe natural onde medra a planta sagrada, coñecida co nome de “grelos”, e o pobo dos Carrizos, amantes da natureza e respectuosos cos seus devanceiros, non consentirá unha invasión colonial do seu retiro sagrado.

Teatreiras representará ás 20:00 d0 sábado na casa da cultura de Monforte de Lemos, “A revolución, 1789… ou por aí!”. Luis XVI, rei de Francia, abúrrese moitísimo xunto aos aristócratas na Gran Mesa do Poder. Por outro lado, están a burguesía e as demáis xentes do pobo, que fartos das humillacións e do desenfreno da realeza, que para nada teñen en conta o padecemento da maioría da poboación, deciden aliarse para expulsar á nobleza da Gran Mesa. Entón os burgueses pensan que chegou a súa hora, que cos bens e os cartos que posúen van dirixir o destino do país, mais a xente do pobo non está disposta a sustituír uns dirixentes déspotas por outros. Así as cousas, a burguesía decide pedir axuda ao exército representado pola figura dun xeneral xoven pero moi ambicioso, Napoleón. Este acode á chamada respetado e aclamado polo pobo. Os burgueses cren que acertaron coa elección, pero Napoleón sube en solitario á Gran Mesa con outra idea mellor: convertirse no emperador do mundo.

ÚLTIMAS

Comeza o XVII Concurso de Tapas da Guimaralia na Pobra do Brollón

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia, certame gastronómico organizado polo Concello da Pobra...

Otero chama en Sarria a concentrar o voto progresista no PSOE

Ante máis dun cento de veciñas e veciños de Sarria e da contorna, Patricia...

Ribeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89 % na ponte do Pilar

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da...

Córtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da Cruz polas obras de rehabilitación que comezaron este 26 de novembro

A actuación, cun investimento de 136.000€, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos...