HomePolíticaPor Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

A formación reclama controis analíticos independentes, información actualizada e transparencia sobre os resultados das análises da auga da traída municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da calidade da auga de consumo no municipio e reclamar que existan todas as garantías sanitarias e de información para a veciñanza. Neste caso a demanda vén motivada polos resultados dunha mostra recollida o 16 deste mes na rúa Ribeira Sacra e emitida o día 20 polo Laboratorio de Análise de Augas do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense. “O informe conclúe que a mostra analizada é auga non apta para o consumo humano, este resultado non permite concluír por si só que toda a rede municipal presente problemas de calidade nen determinar a orixe das alteracións detectadas. Por iso consideramos necesario que se realicen comprobacións oficiais e independentes”, asegura a formación. Por Chantada tamén tivo en conta a existencia dun antecedente analítico desfavorábel de novembro de 2025.

Con todo, Por Chantada reclama:

  • A realización de novas tomas de mostras por persoal ou entidades competentes, con garantías de independencia e trazabilidade.
  • Unha análise completa dos parámetros microbiolóxicos, químicos e indicadores de calidade que correspondan.
  • A comprobación dos resultados desfavorábeis e, se procede, a investigación das súas posibles causas.
  • Información sobre os controis que realiza o Concello, a súa frecuencia e os resultados obtidos.
  • Acceso ao Plan Sanitario da Auga, aos rexistros de autocontrol e á documentación relativa á vixilancia da calidade da auga.
  • A publicación periódica dos resultados analíticos e das medidas correctoras que, de ser necesarias, se adopten.

Por Chantada considera que a calidade da auga de consumo é unha cuestión de saúde pública “que debe abordarse con rigor, responsabilidade e transparencia. Non se trata de xerar preocupación innecesaria, pero a veciñanza ten dereito a saber que auga chega ás súas casas, que controis se realizan e que medidas se adoptan cando unha análise ofrece resultados desfavorábeis”.

ÚLTIMAS

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro,...

Comeza o XVII Concurso de Tapas da Guimaralia na Pobra do Brollón

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia, certame gastronómico organizado polo Concello da Pobra...

Otero chama en Sarria a concentrar o voto progresista no PSOE

Ante máis dun cento de veciñas e veciños de Sarria e da contorna, Patricia...

Ribeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89 % na ponte do Pilar

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da...