IniciosociedadeAprázase a Feira do Viño de Chantada

Aprázase a Feira do Viño de Chantada

Denvolveranse novas xuntanzas para organizar outras actividades os días en que estaba prevista a feira: o venres 12, o sábado 13 e o domingo, 14 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A única feira do viño da Ribeira Sacra que se desenvolveu normalmente o pasado ano foi a de Chantada, que se celebraba pouco antes de que se decretase o confinamento. Pero neste 2021 todo apunta a que todas as feiras do viño correrán unha sorte parecida.

O pasado venres no auditorio de Chantada reuníanse membros do equipo de goberno e adegueiros para falar sobre o que sería a edición número 𝟑𝟗 𝐝𝐚 Feira do Viño de Chantada que este ano se celebraría o venres 12, o sábado 13 e o domingo, 14 de marzo.

A decisión unánime foi o aprazamento deste evento por mor da pandemia. En próximos días celebraranse novas xuntanzas para ver se existe a posibilidade de organizar actos seguros con aforo limitado como o túnel do viño, a cata oficial ou visitas á adegas, sempre que as condicións sanitarias a mediados de marzo o permitan. Outra posibilidade sería esperar a que o ano abance máis.

De novo, o artista, Juan José Lomarti, será o encargado de realizar o cartel da 39ª Feira do Viño de Chantada.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...