HomesociedadeA Xunta alivia as medidas de confinamento no sur de Lugo

A Xunta alivia as medidas de confinamento no sur de Lugo

Sanidade permite tamén as reunións de ata catro non conviventes agás naqueles concellos con máis de 500 casos nas últimas dúas semanas. Éstablécense tres niveis diferentes para un levantamento "gradual" das restricións e os desprazamentos só poderán ser entre municipios da mesma situación. Na área lucense, O Corgo e Guitiriz son os únicos que non avanzan na desescalada.

Publicado o

- Advertisement -

Galicia avanza na desescalada das medidas contra o coronavirus e comeza unha “apertura gradual e medida” das restricións segundo a situación epidemiolóxica de cada zona. A hostalaría, as reunións de non conviventes e a mobilidade quedará permitida (con limitacións) agás nos concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes. Na provincia de Lugo, tan só os municipios de Guitiriz e O Corgo están privados de avanzar nesta desescalada. 

Así o anunciou este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia. “Xa non estamos en risco extremo. A evolución está sendo certamente boa”, subliñou, en referencia a unha incidencia de 236 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Esta situación permite, pois, seguir adiante na apertura de restricións, xa iniciada a semana pasada en seis ámbitos concretos.  A continuación detállanse as medidas que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...