IniciosociedadeA Ribeira Sacra superou as previsións de ocupación para esta Semana Santa

A Ribeira Sacra superou as previsións de ocupación para esta Semana Santa

A situación de pandemia que estamos vivindo fixo que moita xente reservara as súas estancias de Semana Santa no último momento. O que fai que tamén na Ribeira Sacra a ocupación dos aloxamentos superara as previsións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 27 ao 30 de marzo os hoteis de 3 e 4 estrelas da Ribeira Sacra contaron cun 53% de ocupación, superando nun 4% a previsión. En turismo rural había unha previsión de ocupación do 63% que se quedou nun 56% e noutro tipo de establecementos como apartamentos, albergues, pensións,… a presvisión era do 50% e chegouse ao 56%. Para as vivendas e apartamentos turísticos a previsión de ocupación era do 40% e chegouse ao 57%.

Os datos provisionais que ofrece o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dividen a Semana Santa en dúas, a seguinte franxa iría do 31 de marzo ao 4 de abril.

Nesta segunda metade o nivel de ocupación xeral foi maior. Nos hoteis de 3 e 4 estrelas a previsión de ocupación era do 68% e chegouse ao 80%. En turismo rural a previsión era do 91% e chegouse ao 92%; noutros a ocupación foi do 77%, superando nun 2% a previsión e nas vivendas turísticas foi do 76%, un 4% menos do previsto. Con todo o balance da ocupación nesta segunda parte da Semana Santa foi do 83%, 5 puntos por riba das previsións.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...