HomesociedadeO 30 de maio Quiroga celebra a XXI Mostra do Aceite

O 30 de maio Quiroga celebra a XXI Mostra do Aceite

O lugar das Farrapas en Bendilló (Quiroga) acollerá o 30 de maio unha Mostra do Aceite diferente e adaptada a unhas normas sanitarias decretadas polas autoridades competentes na Covid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os asistentes a esta Festa de Interese Turístico poderán seguir gozando da posta en funcionamento do muíño de aceite tradicional, adquirir o aceite de oliva virxe extra que se produce en Quiroga e mesmo comer no recinto feiral, pero todo supeditado a unhas normas de control de persoas en todo o recinto feiral.

Segundo o rexedor local, Julio Álvarez, trátase dunha mostra cunha normativa adecuada que cumprirá as normas sanitarias decretadas polas autoridades competentes en cada momento, pero co mesmo atractivo e servizo de anteriores edicións.

Cumprindo co compromiso do Goberno Municipal de non deixar de organizar cousas para que veciños e visitantes, sempre con sentidiño, decidiuse botar adiante a organización deste evento anual para manter vivo un dos atractivos turísticos do municipio.

O recinto feiral estará aberto dende as once e media da mañá ata as dúas do mediodía. Pódese reservar entrada con cita previa, a través do teléfono 982 435125. A reserva non é obrigatoria, pero para entrar no recinto terán preferencia quen teña reserva.  Con este servizo de cita previa garantirase que en cada hora (duración de cada visita) non haxa máis de 200 persoas en todo o recinto feiral.

Recinto feiral (Mostra de arquivo) / XdL

As normas sanitarias que rexan no momento da celebración desta Mostra do Aceite cumpriranse “con orden e disciplina” segundo recalcou o alcalde de Quiroga, o que non impide que se poida poñer en marcha novamente o muíño de aceite tradicional e se abra o recinto feiral deste produto típico de Quiroga que segue loitando pola súa Denominación de Orixe.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...