HomesociedadeO Saviñao segue co plan de asfaltado no acceso a Cuñas

O Saviñao segue co plan de asfaltado no acceso a Cuñas

O plan de aglomerado comezara a pasada semana coa mellora da estrada que une A Reguenga coa Senra, na parroquia de Mourelos, e dos accesos a Vilar, na parroquia de Marrube.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, comproba o desenvolvemento dos traballos de aglomerado en quente no acceso a Cuñas, na parroquia da Cova. Esta actuación forma parte do plan de asfaltado que está a levar a cabo o Concello en distintas vías municipais e que inclúe tamén o desbroce das marxes e a limpeza de cunetas.

Con estas actuacións, o goberno local continúa a desenvolver proxectos de mellora das infraestruturas de titularidade municipal para dotar de máis e mellores servizos públicos aos veciños e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

Neste caso, trátase de actuacións nas vías de comunicación do municipio que permitirán mellorar a seguridade viaria dos seus usuarios. O plan comezara a pasada semana con dúas actuacións na estrada que une A Reguenga coa Senra, na parroquia de Mourelos, que comunica distintos núcleos do municipio; e os accesos a Vilar, na parroquia de Marrube.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...